mércores, 5 de decembro de 2018

Funcionamento do SRP durante o curso 2018-2019

Un curso máis o Servizo de Recursos Psicopedagóxicos continua a dar apoio á Facultade de CC. da Educación. Para facer uso do mesmo, lembramos da necesidade de concertar cita previa no mail srpsicopedagoxicos@usc.es, tanto para casos individuais coma para grupos-clase.

Así mesmo, recomendamos acceder ao catálogo online (botón da marxe superior da columna esquerda) para poder ver que recursos están dispoñibles para préstamo. Tamén é recomendado consultar a publicación do catálogo para coñecer de antemán as fichas técnicas dos recursos en depósito neste Servizo.

xoves, 30 de novembro de 2017

Novas adquisicións históricas no SRP

O Servizo de Recursos Psicopedagoxicos vén de realizar novas incorporacións non seu fondo de recursos. Nesta ocasión no apartado de “recursos históricos” (aínda por catalogar).

Cursos atrás fora o profesor Agustín Godás (GI ESCULCA) quen realizara numerosas achegas, propiciando a creación desta sección de históricos. Nesta ocasión son de agradecer as achegas realizadas pola la psicóloga Mercedes Aguilera Serrano.

Na relación de probas cabe destacar, por exemplo, o Tets de Rorschach, o Test de Apercepción Temática, o Test de Pata Negra, o WISC, as Matrices Progresivas de Raven, entre outras.

Espérase que cando se logre un espazo axeitado para o seu arquivo e consulta, poidan estar ao alcance da comunidade universitaria da Facultade de CC. da Educación da USC (PDI e alumnado).