Este espazo nace ante a necesidade de aumentar a difusión da actividade do Servizo, en activo dende o ano 2007, así como facilitar o acceso ao catalogo de recursos dispoñibles para o alumnado, investigadores/as e docentes da nosa Facultade a través da rede.
Agardamos que resulte útil e interesante a todos/as os que nos visiten de forma virtual, e que sirva de referencia para visitarnos logo fisicamente na Facultade.
Os colaboradores responsables do Servizo.
PRESENTACIÓN
O Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade de Ciencias da
Educación da Universidade de Santiago de Compostela é unha unidade de
consulta, asesoramento e préstamo de diversos recursos psicopedagóxicos
vinculados á formación teórico-práctica de diferentes materias.
Os obxectivos específicos deste servizo son os seguintes:
Os obxectivos específicos deste servizo son os seguintes:
- Crear un fondo de recursos psicopedagóxicos e a base de datos correspondente de interese para as materias impartidas na Facultade de CC. da Educación.
- Asesorar ao profesorado e alumnado no coñecemento e emprego dos recursos psicopedagóxicos existentes no servizo.
- Facilitar a autoaplicación e avaliación de probas e instrumentos psicopedagóxicos.