Regulamento

DESTINATARIOS

O servizo de Recursos Psicopedagóxicos presta o seu apoio aos seguintes membros da Facultade de Ciencias da Educación:
  • Alumnado (Grao e Master)
  • Persoal Docente e Investigador (profesorado e investigadores)
  • Outro Persoal vinculado (titortes/as de Practicum)
Para facer uso dos servizos é obriga de toda persoa dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) vixente ou Documento Nacional de Identidade (DNI), con xustificante de matrícula ou outro documento que acredite relación coa facultade.

CONSULTA EN SALA

  1. Terá dereito a este servizo calquera usuario que reúna os requisitos mencionados anteriormente.

PRÉSTAMO A DOMICILIO

  1. O alumnado de Grao deberá cubrir unha ficha coa autorización do profesor da materia que, no seu caso, supervisará a administración, corrección e interpretación dos resultados do recurso en préstamo. Se o préstamo é para un traballo grupal dunha materia deberán rexistrarse todos os compoñentes do grupo.
  2. O Persoal Docente e Investigador, Outro Persoal e alumnado de Master vinculados á Facultade de Ciencias da Educación deberán cubrir unha ficha de préstamo a domicilio segundo o formulario establecido.
  3. O responsable do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos, no momento do préstamo, deberá verificar conxuntamente co usuario o estado de todos os materiais que contén o instrumento. Deste xeito constatarase que se atopa completo e en perfecto estado. Igualmente, no momento da devolución, deberá realizar o mesmo procedemento.
  4. O préstamo a domicilio para o alumnado de Grao terá unha duración máxima de 7 días, podendo solicitar só 1 recurso.
  5. O préstamo a domicilio para o alumnado de Master  terá unha duración  máxima de 10 días, podendo solicitar ata 2 recursos.
  6. O préstamo a domicilio para Persoal Docente e Investigador e Outro Persoal terá unha duración máxima de 15 días, podendo solicitar ata 3 recursos.
  7. O alumnado de Grao poderá renovar o préstamo unha única vez pola duración correspondente, sempre que non exista reserva por parte doutro usuario.
  8.  O alumnado de Master poderá renovar o préstamo dúas veces pola duración correspondente, sempre que non exista reserva por parte doutro usuario.
  9. O Persoal Docente e Investigador e Outro Persoal poderá renovar o préstamo un máximo de tres veces pola duración correspondente, sempre que non exista reserva por parte doutro usuario.

SANCIÓNS

  1. Por cada día de atraso na devolución dun recurso contémplase 1 día consecutivo de suspensión ao usuario do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos. Para a contabilización dos días da sanción farase en termos de días naturais, incluíndo a data de entrega.
  2. Pola perda ou deterioro dun recurso ou algunha das partes que o compoñen, o usuario debe responder ao Servizo de Recursos Psicopedagóxicos coa reposición do recurso completamente orixinal. No caso contrario quedará suspendido do servizo ata que se efectúe tal reposición.
  3. A modificación da data de vencemento do préstamo carrexará ao usuario a suspensión do servizo de préstamo a domicilio por un período de 6 meses.
  4. A saída non autorizada e o uso indebido dalgún recurso ocasionará ao usuario a suspensión do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos por 1 ano e adicionalmente a apertura dun expediente disciplinario procesado pola Facultade de Ciencias da Educación, sempre que se documente debidamente.
  5. A suplantación da TUI e/ou DNI carrexará ao usuario a suspensión do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos por 1 ano.
  6. No préstamo dun recurso para traballos en grupo aplicaranse as sancións a cada un dos membros.