Durante o mes de xaneiro, e logo de migrar a anterior base de datos a outra con mellores prestacións, estamos a realizar a catalogación de novos recursos no SRP. Pouco a pouco iráanse incorporando na base de datos web do catálogo. Con posterioridade, as súas fichas técnicas serán engadidas á publicación do catálogo.
Entre estes recursos cabe destacar, por exemplo, o Programa de Lectura y Escritura, ABC Dislexia, elaborado por Paula Outón Oviedo, profesora da nosa facultade, e editado por TEA (ver ficha). Trátase dun programa de intervención en Dislexia composto por catro modulos correspondetes ao traballo coas letras B, D, P e T. A súa aplicación realízase a partir dos 5 anos de idade e realízase de forma individual e colectiva.
En breve, irémosvos informando sobre outras adquisicións salientables.