![]() |
Novos recursos no SRP |
O SRP continúa a funcionar a pleno rendemento neste primeiro semestre do curso 2014-15, ofrecendo soporte ao profesorado e alumnado de materias como, por exemplo, Diagnóstico Pedagóxico (3º de Pedagoxía), Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas (2º de Educación Social), Diagnóstico e Avaliación en Educación (Master de Profesorado de Secundaria), entre outras.
Como novidades, cabe salientar a pequena ampliación do horario de atención grazas á incorporación da Bolseira de Colaboración co Dpto. de MIDE, Blanca Garea, que reforzará a actividade do Servizo.
Tamén destacamos a adquisición de novos recursos grazas á Rede RIES, que esperamos poñer pronto a disposición para préstamo.
Así mesmo, pronto poremos en marcha un pequeno arquivo histórico de recursos psicopedagóxicos (só para consulta en sala) partindo do material doado xentilmente polo Profesor Agustín Godás, membro do Grupo de Investigación ESCULCA, pertencente á citada Rede.