mércores, 10 de xuño de 2015

Melloras no SRP

Coa intención de mellorar as prestacións do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos, véñense de aplicar unha serie de actuacións que se resumen a continuación:



  • Re-catalogación e organización dos fondos: cabe salientar a reordenación dos recursos en función da actualización das categorías do catálogo, e mellor distribución e identificación nos estantes para facilitar o acceso directo aos fondos.
  • Catalogación de novos recursos: amplíanse os fondos ata un total de 180 recursos dispoñibles para consulta e préstamo (tests, cuestionarios, libros, etc.).
  • Instalación dun posto informático, por xentileza do Grupo de Investigación DIOEP para que os usuarios/as poidan realizar tarefas relacionadas cos fondos do SRP: acceso ao catálogo, procura de información, etc.
  • Melloras no catálogo web-base de datos, accesible dende o blog SRPUSC: depuración de erros, melloras para a navegación e actualización de acordo cos cambios na catalogación e base de datos dos fondos do SRP.
Nun curto prazo, tamén se publicará a actualización coa última versión da publicación do catálogo (libro-PDF), actualmente consultable dende o blog SRPUSC na sua versión do ano 2010.

Agradecer á bolseira de colaboración, Blanca Garea, o seu traballo e axuda que permitiron acometer estas melloras no SRP neste curso 2014-2015.

Esperamos que no vindeiro curso todos os usuarios/as se vexan beneficiados de todo o esforzo realizado.

O equipo colaborador na xestión do SRP