venres, 18 de decembro de 2015

Novos recursos adquiridos e peche do SRP ata o 2º semestre do curso 2015-2016

O Servizo de Recursos Psicopedagóxicos vén de adquirir novos instrumentos que serán catalogados para que poidan estar dispoñibles para préstamo no 2º semestre do curso 2015-2016. Ademais de probas de avaliación, como o CUMANES ou o BANETA, tamén se incorporarán ao repertorio de recursos novos programas de intervención como o PIAAR-R.

En relación ao horario de atención do SRP, cabe informar que permanecerá aberto ata o mércores 23 de decembro no seu horario habitual, e non volverá a abrir as súas portas ata o mes de febreiro de 2016. No caso de ter necesidade de utilizar o servizo (devolución de probas aínda en préstamos, solicitude de préstamos, etc.), os seus usuarios poderán concertar cita para atención individualizada a partir do 7 de xaneiro de 2016, no mail srpsicopedagoxicos@usc.es.

Felices festas!